Livro Usado
Emigrantes, caciques e indianos
Clique na imagem para ampliar

Emigrantes, caciques e indianos

18,00 €
  • Idioma: Galego
  • Estado: Usado
  • Editora: Edicións Xerais de Galicia
  • Autor: Seixas, Xosé M. Núñez
Tema: História, História Universal
Referência: LT006128

Procure o livro que tanto deseja

Selecione a quantidade prentendida, da Livraria que mais lhe convém

Pode encomendar livros em diferentes livrarias

Coloque os seus dados de contato e finalize o seu pedido

Irá ser contatado pelos Livreiros sobre a sua encomenda

Livrarias

Livraria Localização Estado Quantidade
Leituria Lisboa, Lisboa Disponível -+
  • Descrição

  • Estado de Conservação

Este libro de Nuñez Seixas é unha nova historia sobre un vello asunto deste país: a emigración. Un sinal distintivo, xunto co idioma e o nacionalismo, da Galicia contemporánea. A emigración non se nos presenta aquí como a lacra da nosa terra que alcumamos adoito. Pola contra faise unha relectura da emigración que ten en conta o que os mesmos coetáneos debatían sobre o que consideraban, en torno a 1900, como elementos positivos da emigración ultramariña. Unha corrente ben distinta, aquela anterior a 1936, desoutro éxodo cara á Europa posterior a 1960, no que os galegos e galegas non atoparon nin centros galegos, nin idiomas recoñecibles senón aillamento social e traballo arreo en cadeas de producción. Nesta idea cimentáronse os estudios dos últimos trinta anos sobre a historia da emigración galega. De modo que chegamos a saber cantos emigraban, onde emigraban pero case nada do porqué, e carecemos aínda dunha explicación congruente sobre as dinámicas xeradas por aquela corrente migratoria que principiou a mediados do XIX e culminou nos anos trinta. Ese é un dos baleiros que este libro contribúe a cubrir, ofrecendo explicacións coherentes verbo dalgunhas eivas que todos observamos nas explicacións que ata agora fixeron fortuna. ¿Porque como podía casar aquela explicación unilateralmente lastimeira da emigración coa realidade dos seus retornos, que todos coñecemos por tradición familiar e mesmo cos vestixios materiais que por Galicia adiante fican -e mais cos estudios parciais que os teñen analizado (A. Costa, V. Peña, R. Villares)-: casas e indianos, escolas e sociedades fundadas por emigrantes de toda Galicia, e mesmo o papel das remesas na redención de foros? A virtude deste libro reside en descubrir precisamente os valores destes retornos no medio social e político da época. O de Nuñez Seixas é un novo e singular elo no labor da recente historiografía contemporeneísta galega (P. Cagiao, M. F. Santiago, A. Domínguez) por amosar a outra cara, menos lastimeira, do fenómeno migratorio.

Muito bom estado geral. Exemplar quase sem falhas. Pode apresentar assinatura de posse ou pequenos defeitos. Por favor contacte-nos para mais detalhes.

Main Menu